Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]2 авг., 17:01Milleiros de persoas gozaron dun SonRías Baixas referencial a nivel galego e internacionalBueu acolleu unha nova edición do festival SonRías Baixas que, integrado na natureza, economía e cultura locais, é referencia alén do Morrazo e da Galiza, atraendo un público interxeracional, local, galego e internacional. Ante os dous escenarios do evento congregáronse milleiros de asistentes que puideron gozar dunha programación rock, pop e electrónica durante os tres días do festival da man de grupos como a banda do Morrazo Quinkillada, que deu inicio ao programa do sábado, ou a catalá La Pegatina, que foi botando o feche ao evento con música e cor.www.nosdiario.gal